Os cativos e cativas de 4º de primaria participaron dun pequeno obradoiro no que se iniciaron nese concepto de TOPONIMIA e descubriron un pouco da súa esencia. Interesante coñecer de onde proveñen tantos nomes propios e de lugares que nos rodean. Seguiremos avanzando nesto.
Grazas ao prof. Xosé Ramón que tivo a ben achegarse e guiarnos por esta viaxe de iniciación a este contido.


